O piloto estradense Mtnez Barreiro "Bamarti" competirá no próximo campionato galego de rallys de asfalto aos mandos do Ford Escort WRC de Toño Villar. O piloto cerraba estes días o trato despois de varias semanas valorando a conveniencia de participar ou non con esta montura. Bamarti di que o único que hai que facer no coche é arranxar a avaría do rally Botafumeiro, e logo facer quilómetros para acostumarse. Pese a todo, o Peugeot 306 Maxi non o deixará aparcado, xa que pretende saír con él nos rallys que favorezan máis ao Kit Car, correndo co Escort nas probas nas que a climatoloxía sexa adversa ou o asfalto estea moi roto ou sucio. Decir que hai outro piloto que pode que participe tamén con un coche mundialista, trataríase neste caso dun Ford Focus WRC.
20 de enero de 2011