ÚLTIMA HORA


13 de enero de 2011

Ahora en Navidades, escollemos a outro piloto do campionato rexional galego que este ano pasado estivo cun rendemento moi bo, sobre todo a principios de temporada, gañando a pilotos incluso con coches máis evolucionados que o seu. Dende Pé Á Chapa Racing queremos dar as gracias a Guerreiro por concedernos esta entrevista, e ao irmán Enrique por axudarnos a facerlla. Grazas!


P.A.C. : Cómo foron os teus inicios no mundo do motor?
C.R.G. :
Pois coma todo o mundo. Vendo carreiras e pouco a pouco chegar a correr algunha proba, despois de axudar e involucrarme de forma secundaria con outros pilotos.

P.A.C. :
Que tal levas este "descanso" no que aos rallys se refire?
C.R.G. :
Descanso??jajaja sempre hai cousas q facer:preparar o coche para o ano, buscar patrocinadores etc, pero bueno, lévase bastante mal non poder correr ata o mes de marzo.

P.A.C. :
Con que obxectivos afrontas este próximo ano?
C.R.G. :
Intentar facelo igual que o ano pasado e estar nos postos de cabeza da copa, e o fin e o cabo, pasalo ben eu, e facelo pasar ben a todos.

P.A.C. :
Hay algunha mellora no que á montura respecta?
C.R.G. :
Ahhhh...por ahora o motor esta desarmado...

P.A.C. :
Hay rumores de que correrás cun C2 na Racc para o ano. Ata que punto é certo iso?
C.R.G. :
Se houbese gañado a kumho seria certo o rumor.Pero preferimos ir pouco a pouco e non ir dando paos de cego.

P.A.C. :
Algunha anécdota a destacar nas túas participacións en rallys?
C.R.G. :
Hai moitas, pero a mellor de todas foi este ano no San Froilan no tramo Vilalba...ver un rapaz co "cu" o aire saltando pola carretera de un lado para outro...jajajajaja

P.A.C. :
Pódesnos falar algo acerca do teu coche, a nivel mecánico, e todo iso.
C.R.G. :
No tema motor non digo nada que é sorpresa. A nivel de suspensión quedei impresionado do que é ter unha suspensión boa a unha mala, temos una Ohnlis 2 vias e o paso por curva para min é impresionante. A caixe é unha BE3 completa con autoblocante tarado a un 3. É moi pouco porque teño medo de romper palieres.

P.A.C. :
Cal é a proba do galego que máis che gusta?
C.R.G. :
Narón e Sur do Condado. Son os que mais lexos temos da casa pero son rallys donde ten tramos que hai que correr moito e pasalo moi ben.

Grazas pola entrevista aos Irmans Guerreiro!