Entrevista a Jesús Pombo
Armindo Araújo no mundial con mini

13 Feb 2011

Pé Á Chapa Racing: De onde procede a túa paixón polos rallys?

David Figueiredo: Dende pequeno sempre estiven metido no mundo dos rallyes, tanto por parte do meu pai, que me levaba a ver todos os rallys nos que corrían os seus primos (Oscar e Marco Antonio Fernandez), como por parte de miña nai, co seu primo Jose Pavón (inda que non o cheguei a ver correr, xa que foi piloto do equipo de Reverter e piloto oficial de Renault gañando o rali de Ourense do 1973), e nesa época eu aínda non nacera.

P.A.C.: Cómo comezaches ti no mundillo?

D.F.:  No 2002 Pavón regaloume un ford fiesta XR2 de calle, que fun preparando aos poucos para debutar con él na subida a Castro de Beiro de 2003, facendo 3º de grupo P e quedando por diante de coches moi superiores no meu debut.

 Ford Fiesta XR2

P.A.C.: A túa familia que tal levaba o feito de que ti competiras?

D.F.: Nunca quixeron que eu competise, porque saben o gasto que esto supón, pero sempre me axudaron no que puideron ata que tiven o accidente no albariño do 2006. Dende aquelas intentaron facer todo o posible por quitarme da cabeza o de volver a correr, pero saben que e a miña paixón e que non o deixo tan fácil mentras poida.

 Siniestro AX

P.A.C.: Pódesnos falar dos coches que tiveches?

D.F.:  Debutei cun Ford Fiesta XR2 cunha preparacióm moi simple (xa que de aquelas traballaba a media Xornada e o sueldo non daba para moito). O coche era basicamente de serie, cunha caixa de 4 marchas dun 1.100 algo máis curta, e alixeirado o máximo posible (facéndolle eu pezas en fibra artesanais), e con él corrín 4 subidas entre o 2003 e o 2004.

  No 2005 preparei un AX GTI para ralis (que ía para o desguace e me costara 300€) e que fun evolucionando pouco a pouco ata que quedou sinistro no albariño do 2006.

 Despois do accidente deixáronme un 309 GTI 16v para acabar a tempada, a cambio de que eu lle preparase o coche o dono.

 No 2007 comprei un 205 rallye de slalom que preparei para o rali de lalín, e que vendín ao acabar o rali para comprar o 106 1.3 co que corrín durante 3 anos. E por último,  no 2009 comprei o 106 GTI que teño na actualidade.

 Bueno, tamén corrín algunhas carreiras soltas con coches de algúns amigos, como o slalom de Valga 2009 co 106 XSI de David Cortes, a subida á Estrada 2010 co 106 Rallye de Fran González, ou o slalom de Luíntra 2010 co saxo VTS de Alberto González.

 Debo dicir que tiven dúas participacións como copiloto, a primeira no sur do condado do 2004 con Alex Cid no BMW 325, e a segunda con Jonathan Carnero no Sur do Condado 2006 cun Clio Williams.

 Peugeot 309

P.A.C.: Algunha anécdota destacable no tempo que levas en competición?

D.F.: Uff, esta posma difícil, temos centos de historias, a ver cal vos conto (risas).

P.A.C.: A que máis rabia che dea!!!

D.F.: O meu primeiro rali foi o Rali do Cocido 2006, e tamen ía ser o debut de Alex Cid como copiloto. O viernes á noite do fin de semana que tocaba entrenar, estabamos liadísimos montando o AX, e dixenlle; Alex: «que prefires, que vaiamos a adestrar e non nos dea tempo de acabar o coche, ou que corramos sin adestrar» co cal chegamos á conclusión de pedir unhas notas prestadas a Alex Jardón, que era compañeiro de clases de Cid, e facer o noso debut nos ralis sin haber adestrado

P.A.C.: E despois disto, que tal saíu o rally?

D.F.: Adicámonos máis a dar espectáculo que aos tempos, pero ainda así intercambiamos tempos bos con algún que outro susto, conseguindo o obxectivo, que era rematar.

P.A.C.: Cal é o teu Rally Preferido do Galego?

D.F.: O de Lalin, creo que porque debutei en él, e o que mais veces levo corrido, 6 ata agora.

P.A.C.: O ano pasado non tiveches moita sorte, cales son os plans para este 2011?

D.F.: Quero facer o galego de ralis de terra completo, en Lalin salirei en asfalto, e si o presuposto o permite farei máis de asfalto, pero dando sempre prioridade aos ralis de terra. E que despois de tantos anos sen ralis de terra en Galicia, e de acordarme de ir con meus curmáns de pequeno a adestrar polos castros de Trelle, sempre tiven gañas de probar a terra. O coche vai ser o mesmo do ano pasado, cambiando a suspensión para a terra.

 Montura Actual

P.A.C.: Desexámosche sorte nesta tempada que ven, e dámosche as grazas pola entrevista!

D.F.: Grazas a vós.