Robert Kubica sufre un grave accidente

Luis Vilariño cambia o Megane Maxi polo Mitsubishi EVO X
O ACSM Team nun Mitsubishi Lancer Evo X a tempada 2011

06 Feb 2011

 O piloto polaco Robert Kubica sufriu hoxe un grave accidente mentres corría o rally  Ronde di Andora. Robert conducía un Skoda Fabia, que nun momento da carreira saiuse da carretera e bateu contra o muro dunha iglesia.

 O piloto foi inmediatamente evacuado en helicóptero ata o hospital onde se encontra agora. Está consciente, aínda que ten politraumatismos, e podería perder unha man. Tamén ten múltiples fracturas nas pernas, e continúa sendo sometido a probas para valorar se pode ter algún traumatismo interno.

 O seu copiloto pudo saír ileso do accidente, e o rally quedou momentáneamente suspendido para permitir a evacuación do piloto e máis a retirada dos restos do coche.

Dende aquí desexámoslle unha pronta recuperación a Robert e queremos podelo ver canto antes de novo nas carreiras.