Abandono de Jesús Ferreiro e Javier Anido no Promo Solo Escort.

Untitled Post
David Figueiredo – Ana Villanueva; arrancan no Rally do Cocido

08 Mar 2011

Este sábado celebrouse na localidade asturiana de Cornellana a terceira edición do Promo Solo-Escort.

O equipo de Melide non tivo sorte xa que tras marcar o mellor crono na primeira especial se saían da estrada na terceira, cando estaban a oito décimas de segundo do líder, Lolo García, que posteriormente sería o vencedor. O golpe foi bastante malo ao impactar o Escort RS MKI contra unha pequena árbore nunha pasada de freada de Jesús Ferreiro que como sempre foi moi espectacular.

Proxecto para 2011

Agora toca superar este pequeno tropezón para centrarse xa no que será o principal obxectivo de Jesús Ferreiro esta tempada, xa que o último fin de semana de marzo iniciarase a Copa de España para Históricos coa celebración do Rallye de España Histórico, ao cal Ferreiro acudirá co seu Porsche 911 RS.