ÚLTIMA HORA

14 de marzo de 2011


      


Podemos definir como espectacular o inicio da tempada, co equipo de Integral Motorsport Guillermo Martínez- Gabriel Bermúdez con Peugeot 106, como vencedores da copa no rally e un notorio 38º puesto na clasificación xeral  que demostra a perfecta adaptación dos neumáticos Yokohama A048 ás complexas condicións metereolóxicas do sábado, con chuvia e lama nos tramos, e o altísimo nivel dos participantes na copa.

    Xa na noite do venres, esta vez sobre o asfalto seco do centro de Lalín, podiamos ver como o equipo de Fernando Lorenzo- Miriam Sampayo marcaban o scratch da copa e poñían o seu Peugeot 205 no posto 26 da xeral, por enriba de vehículos de maior cilindrada de outras copas de promoción.


O Sábado amencía chovendo nos tramos de Lalín, con esto podíase predecir que nos esperaba unha xornada moi complicada chea de abandonos, xa que á pouca adherencia do asfalto do rally había que engadir auga e unha lixeira capa de lama que poñía ao límite a estabilidade dos vehículos.
    Guillermo Martínez empeza forte a mañá e marca o ritmo da copa no tramo de Xirón 1 ao impoñerse con un tempo de 8:27.4 seguido por Pazó a 7 segundos, Lorenzo a 14 segundos e Mayo a algo máis de 20 segundos.
     A primeira pasada do tramo de O Couto é neutralizada, deixando as cousas como estaban con Martínez líder, seguido de Pazó e Lorenzo cunha escasa marxe de 10 segundos entre eles.
    No Tramo de Acibeiro, Martínez volvía a marcar scratch, sendo de novo Pazó e Lorenzo segundo e terceiro cunha marxe de só 2 décimas de segundo.


 De novo se repetía o tramo de Xirón, nesta ocasión, o segundo e o terceiro clasificado eran os que marcaban os mellores tempos, poñéndose líder da copa Pazó, segundo Martínez e terceiro Lorenzo, con só sete segundos de diferencia entre eles. Distanciados algo máis de 40 segundos, nun segundo grupo de pilotos, Freire, Alvaredo, González y Mayo.
     Na segunda pasada polo tramo de O Couto, tamén se fai neutralizada, polo cal a clasificación non se ve alterada, e a parada do mediodía deixa a loita en todo o alto para os tramos da tarde.
     Comeza a tarde coa segunda pasada polo tramo de Acibeiro, que iba a ser o xuíz da copa, xa que despois deste tramo a clasificación daría un volco. Pazó e Lorenzo abandonan neste tramo por salida de pista, Borja Vila marca scratch de tramo, seguido de Martínez e Fco. Javier González e a clasificación xeral queda encabezada por Guillermo Martínez, que seguía mostrándose como o piloto máis constante e regular ata o momento, precedendo a Freire e González a máis de 40 segundos.
   Primeira pasada ao tramo de Saborida e primeiro Scratch para Freire, que se decide a intentar acortar distancias con Martínez  que marca o segundo mellor tempo cedendo tan só 2 segundos e terceiro é Fino Ramos a só 5 segundos. Non hai cambios na xeral tras este tramo.
   Freire volve a facer o mellor tempo en Brántega, seguido por Vila e González, mentras Martínez administra a súa vantaxe quedando a xeral sen alteracións.

O último Scrath do día é para Vila en Saborida 2, por diante de González e Martínez, tendo éste tramo como nota a destacar o abandono de Freire que deixaría a Vila en terceira posición da copa.
     Unha desafortunada avería de última hora, deixaba fóra de carreira a Borja Vila, que non era capaz de levar o seu Peugeot 106 ata o parque pechado, quedando en terceira posición da copa un sorprendido Javier Amado que se enteraba da noticia cando recibía as gorras de Podium no mesmo parque pechado.


 A clasificación final da copa pode consultarse en http://www.temposfga.eu/var/lib/samiportal/pub/addons/file/17_rali_do_cocido_lalin/CLASIFICACION_FINAL_COPAS.pdf
 
A partir do día de hoxe, está de novo aberta a inscripción para que aqueles pilotos que aínda non estén inscritos e que desexen facelo se poñan en contacto en racing-sport.