Vallejo e Muñiz participarán no Nacional con Lotus

Actualizada A Lista de Inscritos da Copa
Untitled Post

02 Mar 2011

 Os equipos da Escudería Ourense, formados polo lucense Sergio Vallejo e o coruñés Álvaro Muñiz, realizarán o Campionato de España de ralis de asfalto 2011 a bordo de sendos Lotus Exige na categoría GT. O modelo británico, de propulsión traseira, conta con 300 cv de potencia e un peso de 900 kg, o que o pode convertir nunha arma perfecta para ser protagonista no certame estatal de ralis, ao tratarse ademais dun coche moi pequeno e áxil.

 Fabricado por PB Racing, o Lotus Exige conta cunha preparación propia de circuito, en Italia, e desas versións o equipo galego evolucionará dúas unidades de cara á competición en ralis de asfalto en España.

O regreso de Vallejo e Muñiz, que foran baixa do Nupel Team a pasada temporada, é posible gracias a firmas como Leite Río, Paradores de Turismo e Antalsis, a constructora do piloto galego, de Palas de Rei, Luis Vilariño.

 O equipo está traballando para poder tomar a salida no rali Vilajoiosa, que o próximo 26 de marzo terá lugar en Alicante. No caso de non conseguir facelo nsa primeira cita do calendario, o seu estreno posporíase para o rali de Canarias en abril.