Iván Ares chegara liderando o Campionato Galego de Ralis e máis o Campionato Galego de Autocross.

Rally de Noia -Racing Sport-Yokohama
Iván Ares segue líder do Campionato Galego de Ralis tras a súa victoria en Noia.

07 Abr 2011

Tras gañar este fin de semana o Autocrós de Santa Comba, Iván Ares non só lídera o Campionato Galego de Ralis senón que agora tamén comanda o rexional de Autocross.

 

 

Ares demostra o seu dominio en Kartcross

Iván Ares, a bordo dun monopraza Semog, dominou a primeira proba do Campionato Galego 2011, certame no que o piloto de Cambrequere conseguir a que sería a súa terceira coroa rexional nesta especialidade, e para o cal hoxe deu o que podería ser un importante primeiro paso.

Nos adestramentos logrou o cuarto mellor tempo entre os 31 participantes, pero logo impúxose dende a primeira curva tanto na manga clasificatoria coma na final, liderando ambas as dúas carreiras dende a primeira á última volta. Escoltárono no podioJoaquín Chamorro e Eduardo Mosquera, nunha carreira marcada polas primaverais condicións climatolóxicas, e que foi presenciada por unhas mil cincocentas persoas.

 

 

 

Líderes no Galego de Ralis.

Despois da súa sorprendente vitoria no pasado Rali do Cocido a mediados de marzo, Iván Ares e o seu copiloto José Pintor chegan ao Rali Ría de Noia á fronte da clasificación do Campionato Galego. O equipo de Cambre quere que siga o bo refacho e manifestan que » -Imos saír a por todas» se ben consideran que » -É dificilísimo repetir unha vitoria, tendo en conta o alto nivel de moitos dos nosos rivais, tanto a nivel de coches coma de pilotos. O Campionato Galego ten agora mesmo pouco que envexarlle o Campionato de España en canto a competitividade. Ogallá este nivel mantéñase ao longo de todo o ano. «

Durante a tarde do próximo venres 8 de abril, o Dique de San Lázarono centro de Noia verase invadido polos máis de 120 vehículos inscritos, que terán que pasar as pertinentes verificacións administrativas e técnicas. O rali propiamente dito comezará o sábado 9 a partir das 7 h 50, coa saída dos vehículos do parque pechado rumbo aos tramos cronometrados. O final da proba está previsto para as 20 h 30, cando comecen a regresar os participantes ao devandito parque pechado.