Victoria para Pons,rallye amargo para os galegos.

Entrevista a Alberto Otero
Primeira victoria para Burgo no Ford Focus WRC

07 Jun 2011

A victoria de este fin de semana dalle o liderato provisional o catalán Xevi Pons que soupo olvidarse dos problemas extradeportivos con respecto o equipo Nupel e gañar un rally con certa comodidade.Decimos comodidade porque o que podía ser o ataque de Miguel Fuster,segundo clasificado,quedouse nunha defensiva polo podio.

No primeiro tramo da tarde a tormenta fixo acto de presencia,tal foi o diluvio caído que os primeiros participantes non obtiveron cronos destacados,sendo o crono para Luis Pérez cun modesto Suzuki Swift.

Un dos factores condicionantes foi o diluvio caído en Mondariz.

Por suerte para Fuster e Vallejo (que a estas alturas perdera o podio a favor de Alberto Meira),os seguintes tramos correronse en asfalto seco,o que propiciou que Vallejo recuperase o podio e Fuster estabilizara o seu segundo posto.Por se non fora pouco o sucedido,no penúltimo tramo tanto Victor Senra (quinto clasificado),como o propio Vallejo tiñan que abandonar por problemas mecánicos.Así todo,Meira facíase cunha terceira posición,por diante de Pérez e Vinyes.

A Mitsubishi Evo Cup foi para o único supervivinte:Daniel Marbán.A Twingo R2 para Miguel Arias e a Swift para Luis Pérez,por diante dun rapidísimo Carchat que con tan só18 anos xa corre a un nivel altísimo,terceiro sería un Pablo Pazó que sale máis líder de Vigo.

Momentos de apuro para Pablo Pazó que sudou a terceira posición.