PAC:Contanos esa historia do pastel que tiña dentro as chaves dun cinquecento…
Foi o día de Reis, no típico roscón sempre ven con algún detalle, aquel día tocoume nel un chaveiro e unha figura dun coche.
PAC:Antes ti xa debutaras nun Ford Sierra,resumenos un pouco a túa experiencia dese momento.
Debutei no ano 2000 nun Peugeot 205 Rallye na copa Pirelli co meu tío, disputamos 14 rallyes entre o 2000 e o 2003 sendo en 2002 o ano que fixemos todo o campeonato do trofeo Driver, quedando terceiros. No Ford Sierra corría meu pai de copiloto e no ano 2003 salín eu de copiloto no rallye de Narón.
PAC:A pesar da túa corta idade xa tes un bo numero de probas disputadas,Como o conseguiches?
Teño 26 anos, contando as carreiras que fixen de copiloto levo un total de 72 rallyes. Dende neno tiven moita afección polos rallyes, gustaronme desde moi pequeño e sempre quixen poder participar, consigoo poñéndolle moitas ganas, un bo traballo e unha gran ilusión por conseguilo.
PAC:Eres campeón da Driver Junior e o ano siguiente da Señor,Hai máis nivel na Racc ou na Driver?
Ahora mesmo creo que está moi igualado, cuando eu corría na driver era con coches grupo n y na racc con coches mais preparados grupo a e estaba todo máis escalonado.
PAC:Despois do Saxo chega o 206 no que destacas especialmente no ano 2009 dentro do Volante Racc,xa lle preguntamos a Alberto Otero,agora é o teu turno,Que che parece o nivel da Racc con respecto a Driver?
Na Racc sempre houbo moi bo nivel, corrín tres anos e sempre estivemos en postos de pódium, no 2009 estivemos cerca de gaña-la e creo que foi o ano que máis disputada estivo, xa que nos anos anteriores as victorias eran cousa de dous ou tres pilotos, mentras que ese año había moita xente con opción, e conseguemos gañar algunha proba 5 pilotos distintos.
PAC:O Volante Xoven dache a oportunidade de subirte a un Evo IX no rally da casa,pero a véz tamén che impideu loitar polo Volante Racc,Esperabas ir tan ben na túa primeira carreira cun 4x4?
Foi unha boa experiencia, poder disfrutar dun coche desas características na túa casa, e difícil de esquecer, aínda que perdimos todas as opcións a loitar polo volante racc.
PAC:Saltas o nacional e alternas Fiesta R2 e tamén o ST,Que che parece o nacional no teu primeiro ano?
Conseguimos facer un bo número de kilómetros, rematando carreiras e conocendo os tramos. O R2 e un coche que me gusta moito pola sensacións que che transmite, e un bo coche de aprendizaxe de cara a subirse en coches máis competitivos,como ía ser este ano o S1600.
PAC:A chegada de Ojeda según Moya é como unha especie de profesor, pensas que era así ou só unha forma de darlle un coche a Quique?
Estar dentro dun equipo cos mellores pilotos do panorama español e moi enriquecedor, tes que estar moi atento ó que fan para poder aprender e continuamente preguntandolles pero foi unha experiencia moi positiva.
PAC:Este ano presentabase como o da túa consolidación,comecemos polo coche,gústache máis o Fiesta S1600?Estabas máis animado?
O Fiesta S1600 é un coche que aporta muchísimas sensacións, fixemos uns test dunhos 60km e logo duramos pouco no rallye Vilajoiosa por mor dunha avería mecánica, pero dos coches que tuven oportunidade de probar ete é sen dúbida o que mías me transmitía, ías en todo momento metendo e quitando marchas, un motor cun sonido moi puntiagudo e un réxime moi alto de xiro, o paso por curva e a freada eran espectaculares.
PAC:Rompes motor na Vilajoiosa,crees que eso pudo ser un factor polo que se decide levar só a canarias a Xevi Pons?
Canarias non entraba nos nosos plans xa antes de comezar o ano polo seu maior coste.
PAC:Despois do 8º puesto en Cantabria,Nupel pasa a mans de RMC,Comunícasevos xa con bastante antelación ou tamén foi algo sorpresa?Gustarianos saber a túa opinión acerca deste tema.
Era unha cousa que ninguén esperaba e que nos pillou por sorpresa a todo o mundo
PAC:Agora comentase que o teu proxecto pode ser un Evo X para a Top Ten,ou incluso a participación na Copa Suzuki Swift,Que hai de certo?De non ser así cal será o teu proxecto?
De momento non temos nada claro, estamos a procura de encontrar patrocinadores que faigan posible a nosa continuación no mundo dos rallyes. Non temos nada claro aínda.
PAC:Como é a túa relación con Xevi Pons?
Foi unha persona que sempre me tratou ben dentro do equipo, tratando de resolver sempre as miñas inquietudes.
PAC:Damosche paso para que agradezas as personas,empresas,amigos...que ti creas oportuno.
A toda a xente que me apoya ou que algún día o fixo, xa sexan patrocinadores, amigos ou afeccionados que me animan cando paso polo tramos. Se hai alguén que non falla nunca esa é a miña familia, o pilar máis forte da miña carreira deportiva. Grazas!!