Pé Á Chapa: Hola Toño, permítesnos unha entrevista?
Toño Varela: Si, Cómo non.
PAC : Daquela comezamos, sen máis demora. De dónde prodece a túa afición polo mundo das catro rodas?
TV: Dende pequeno xa tiña a competición na casa. Meu pai corría, e xa con dezaseis anos fun con él de copiloto.
PAC: Cómo comezou a túa andadura no mundo da competición?
TV: Pois a miña primeira participación foi con só 18 anos no rally do Lacón.
PAC: E cómo foi a experiencia nesa primeira proba e a bordo de que montura participabas na mesma?
TV: Pois xa te podes imaxinar. Ao principio todo é marabilloso, e se ademáis, como no meu caso, tes a sorte de ser competitivo, pois todo é aínda mellor. O coche no que corriamos era un Peugeot 205 Gti.
PAC: Recordas algunha anécdota nas túas primeiras participacións?
TV: Algunha Non, moitas (risas). Ao comezo todo é incrible, pero quizais correr na casa é o mellor. Recordo estar na salida da Subida a Almofrei e non saber cal era o freno e cal era o acelerador!
PAC: Non che gustaría participar en rallys?
TV: Encantaríame, pero os presupostos de hoxe en día son inviables para dispoñer dun coche competitivo e poder loitar por gañar.
PAC: Cal é a proba de montaña que máis che gusta de Galicia?
TV: Pontevedra, por ser da casa.
PAC: Pódesnos falar algo da túa máquina, a nivel motor, pesos…?
TV: Pois é un Silver Car S2 Tope. Leva motor de una suzuki 1000, cuns 168 cv e 470 kilogramos de peso. Creo que a nivel de CMS é o mais competitivo pero fáltalle un pouco de potencia para poner medirse de tu a tu aos formulas de Galicia.
Dende a peña Pé Á Chapa Racing queremos dar as gracias a Toño por esta entrevista, xa que non dispuña de moito tempo para contestar ás preguntas. Grazas Toño!